Presentación

Horarios

Servicios

Ubicación

Centro Comercial A Barca ten o gusto de darlles a súa máis cordial benvida a un espacio diferente, concevido para que as súas compras en lugar dunha obriga se convirtan nun pracer.

O Centro Comercial A Barca dispón dunhas modernas e amplas instalacións pensadas para o servicio e a comodidade dos seus clientes. Se vén camiñando descubrirá que estamos moi preto do centro de Pontevedra, se decide desprazarse no seu vehículo, poderá aparcalo no noso parking gratuito e acceder cómodamente ás nosas instalacións.

Ó longo dos máis de 50 locais comerciais atopará os productos do día a día ou poderá realizar as súas compras máis especializadas, sempre asesorado por profesionais e coa garantía de dispor dunha ampla oferta a precios máis que competitivos. Para reunirse cos seus amigos, tomarse algo e charlar, xantar, almorzar e cear, O Centro Comercial A Barca convídalle a desfrutar dos nosos servicios de restauración en espacios amplos, abertos e acolledores.

No Centro Comercial A Barca queremos ofrecerlles o maior valor engadido ós nosos clientes, por iso durante todo o ano organizamos para eles e as súas familias diversos obradoiros, actividades, animacións e exposicións, para que o noso centro se convirta nun espacio para o entretemento, a cultura e o lecer. Tampouco nos esquecemos dos máis fieis para os que organizamos sorteos e promocións cos que premiar a súa confianza.
 
 
Idioma: Castellano | Galego

Actuación Monologuistas
Luns 20, mircores 22 e venres 24 de Xullo as 19:30

"O universo de LEGO" zona de xogos
Do luns 13 o venres 17 de Xullo de 17:00 a 21:00 e o sábado 18 de Xullo de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00

Show é maxia?
Sábado 11 de Xullo as 19:30

Espectáculo de contacontos e taller
Venres 10 de Xullo de 18:30 a 21:30

Grupo Titiritrote e taller de títeres e marionetas
Mércores 8 de Xullo de 18:30 a 21:30




Centro Comercial A Barca - Avda. Domingo Fontán, 2 – 36005 Poio (Pontevedra) - 986 872830 - gerencia@ccabarca.comAviso Legal | Creditos